sábado, 17 de março de 2012

DOUS BLOGs DE ORIENTACIÓN



Vou comentar nesta entrada dous blogs de orientación. Mirei bastantes e atopei realmente entradas moi interesantes, pero decidinme por estes en parte porque son de centros de Galiza e están en galego. Ademais un deles é dun CPI, como o noso, que é un tipo de centro singular, e o outro é dun Departamento de Orientación compartido entre dous CEIPs. A verdade é que o que máis atopamos son blogs de Institutos, que teñen ESO, BAC e FP na maior parte dos casos e con contidos moi centrados na orientación académica e profesional, que aínda parecéndome moi útiles como recurso que utilizarei, non é o que máis nos ocupa ás orientadoras e orientadores dos CPIs.
O blog do Departamento de Orientación do CEIP A Rúa e do CEIP O Hío, serve de punto de referencia para as dúas comunidades educativas ás que se ten que dirixir. Aínda que non permite comentarios nas súas entradas, ten un servizo de axuda ao vivo, que pode resultar moi interesante, máis neste caso onde a persoa responsábel do departamento está uns días nun centro e outros noutro. Pareceunos moi completa e interesante toda a información publicada dentro da categoría de Orientacións para nais e pais, tamén a información para as titorías pareceunos de moita utilidade.  Outro apartado que está bastante completo é o de  Audición e Linguaxe. 

O blog do CPI de Panxón  ten moita información, variada e ben organizada, presentada utilizando moitos recursos visuais. En cada entrada suxire outras relacionadas que nos poidan interesar, o que resulta moi util para navegar polo blog. Ademais das entradas propias presenta numerosos enlaces de interese e rutas de información moi ben categorizadas. Trátase dun  blog moi elaborado. Diríxese ao profesorado, ás familias e ao alumnado de 3º e 4º da ESO no relativo á orientación académica e profesional.

2 comentários:

  1. Moitas grazas pola mención que fas do noso Blog, pero o voso tamén contén enlaces de moito interese. Enhoraboa¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós, tedes un blog estupendo. Nós estamos empezando, facendo un curso de Platega de Introdución das TICs no Departamento de Orientación e polo momento andamos mirando e probando, pero estamos a collerlle gusto.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...