Mostrar mensagens com a etiqueta TICs. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta TICs. Mostrar todas as mensagens
segunda-feira, 4 de junho de 2012
sábado, 7 de abril de 2012
domingo, 18 de março de 2012
DESCUBRINDO SCOOP.IT
Despois de revisar todas as
entradas que nos ofrece o marcador social sobre TICs e Orientación e dándome conta que a información que nos aportan entre todas é
moi valiosa, escollín esta entrada porque me
resultou máis atractiva. Na maioría ofrécennos moita información en formatos de
texto, presentacións… á que volverei con seguridade para seguir adestrándome
neste mundo da web 2.0, pero á marxe da información incluída, cativoume o formato
e intereseime pola ferramenta.
SCCOP.IT é unha nova forma de compartir
contido na web. Hai versión gratuíta e de pago. É como unha revista de contidos
sobre un tema que nós eliximos, un servizo de selección e recompilación de
contidos actualizada, na xíria da internet chámanlle a isto “curación” de
contidos. Decidimos un tema e podemos engadir todo tipo de contido, ben da
rede, ben na nosa creación. Se engadimos enlaces, dependendo de a onde se
dirixa a url que introducimos
extraeranse e publicarase automaticamente as imaxes e reseñas que estean
incluídas nese recurso como presentación. Comparte tamén características de
rede social porque podemos seguir e ser seguidas por outras persoas usuarias.
Resulta unha páxina moi visual e dinámica e pode supoñer moi pouco esforzo
simplemente ir seleccionando os enlaces máis interesantes que atopamos
navegando, pero que poden resultar de moita utilidade á xente que comparta os
nosos intereses e/ou profesión.
sábado, 17 de março de 2012
DOUS BLOGs DE ORIENTACIÓN
Vou comentar nesta entrada dous
blogs de orientación. Mirei bastantes e atopei realmente entradas moi
interesantes, pero decidinme por estes en parte porque son de centros de Galiza
e están en galego. Ademais un deles é dun CPI, como o noso, que é un tipo de
centro singular, e o outro é dun Departamento de Orientación compartido entre
dous CEIPs. A verdade é que o que máis atopamos son blogs de Institutos, que
teñen ESO, BAC e FP na maior parte dos casos e con contidos moi centrados na
orientación académica e profesional, que aínda parecéndome moi útiles como recurso
que utilizarei, non é o que máis nos ocupa ás orientadoras e orientadores dos
CPIs.
O blog do Departamento de Orientación do CEIP A Rúa e do CEIP O Hío, serve de punto de referencia para as dúas comunidades
educativas ás que se ten que dirixir. Aínda que non permite comentarios nas
súas entradas, ten un servizo de axuda ao
vivo, que pode resultar moi interesante, máis neste caso onde a persoa
responsábel do departamento está uns días nun centro e outros noutro.
Pareceunos moi completa e interesante toda a información publicada dentro da
categoría de Orientacións para nais e pais, tamén a información para as titorías pareceunos de
moita utilidade. Outro apartado que está
bastante completo é o de Audición e
Linguaxe.
O blog do CPI de Panxón ten moita información, variada e ben organizada, presentada utilizando moitos recursos visuais. En cada entrada suxire outras relacionadas que nos poidan interesar, o que resulta moi util para navegar polo blog. Ademais das entradas propias presenta numerosos enlaces de interese e rutas de información moi ben categorizadas. Trátase dun blog moi elaborado. Diríxese ao profesorado, ás familias e ao alumnado de 3º e 4º da ESO no relativo á orientación académica e profesional.
terça-feira, 13 de março de 2012
REFLEXIÓN SOBRE BLOG III
Daniel Veiga
Para
comezar atopamos no artigo as vantaxes xerais que supón o uso de blogs no
sistema educativo: en primeiro lugar é unha ferramenta sinxela, rápida e sen costo
para publicar en internet. Ten a posibilidade de que as persoas visitantes
participen o que a converte nunha plataforma interactiva. Por outra parte é
tamén moi interesante o uso da sindicación de contidos doutros blogs.
No
que se refire ás aportacións pedagóxicas do uso educativo do blog destaca que posibilita
e potencia a alfabetización dixital do alumnado; aporta unha dose de motivación
engadida para as aprendizaxes de lectura e escritura. Tamén actúa como un
reforzador positivo porque a publicación inmediata aumenta a sensación de
éxito, axuda na creación de redes virtuais na aula e permite a formación
audiovisual. É un verdadeiro caderno de bitácora da actividade realizada na
aula.
En
definitiva o blog pode convertirse nun verdadeiro espazo de aprendizaxe. Desde
a perspectiva do departamento de orientación, ademais do campo da orientación
académica e profesional no que pode ser unha ferramenta moi útil ao poder
actualizar a información continuamente e almacenar mediante enlaces todas as
rutas formativas que o noso alumnado desexe transitar, pode ser interesante
como propón o artigo unha primeira orientación pola propia internet e a web
2.0. toda unha selva de contidos e
aplicacións que precisan como a propia vida manual de uso.
REFLEXIÓN SOBRE BLOG II
O BLOG COMO FERRAMENTA DE ORIENTACIÓN
MªCarmen Delgado Lendínez, autora do blog http://orientagades.wordpress.com/ falanos neste artigo sobre a súa experiencia na rede que comezou a finais do ano 2005. Considera en primeiro lugar que o blog de orientación é unha boa ferramenta para o desenvolvemento da competencia dixital. Traballando desde a orientación e a acción titorial con ela o alumnado aprende a e obter información e a transformar a información en coñecemento. Conseguimos así que sexan máis autónomos e capaces de atopar información fiable e de utilidade.
Tres son os obxectivos principais que a autora plantexa para o seu blog:
- Proporcionar información relevante para a toma de decisións vocacionais tanto ao alumnado como ás familias. Esta ferramenta ten dúas vantaxes principais, a constante actualización e a posibilidade de responder a consultas sen necesidade de entrevista e servindo estas mesmas respostas para outras persoas que consulten o blog.
- Un lugar onde acumular recursos educativos, que grazas á suscrición ou sindicación de contidos pode resultar moi útil tanto a todo o profesorado do centro como a outras orientadoras e orientadores.
- Presentar material de utilidade para a acción titorial e recursos para a formación do profesorado
Despois, a autora detense a comentarnos a estrutura do seu blog, as categorías nas que está organizado e as ferramentas engadidas nas barras laterais. Por último, aclarándonos que o blog é sempre unha tarefa inacabada, por outra parte como a mesma labor orientadora, convidanos a todas a adentrarnos neste mundo e dar así unha nova dimensión ao noso quefacer diario
segunda-feira, 12 de março de 2012
REFLEXIÓN SOBRE BLOG I
Este é o título da suxestiva entrada do blog de totemguard da que vos deixamos a ligazón. Explica dunha maneira sinxela as ventaxas que ten bloguear para as persoas que nos adicamos á docencia. Como axuda a mellorar a nosa práctica educativa, a nosa relación coa comunidade educativa e incluso axuda a mellorar o noso prestixio social.
Desde a perspectiva da orientación, un blog pode axudarnos tamén a mellorar a nosa práctica orientadora. Ten a virtualidade de poder conectarnos con toda a comunidade educativa á que nos debemos dirixir. E o máis interesante é que esta conexión é interactiva, non só podemos achegar materiais, publicacións, ligazóns, noticias, etc. senón que poderemos recibir os seus comentarios, críticas e aportacións. O blog pode ser facilitador dos tres ámbitos nos que habitualmente temos que traballar: o apoio ao ensino-aprendizaxe, onde podemos elaborar e/ou recopilar materiais de diverso tipo; no apoio a acción titorial, onde podemos aglutinar os distintos recursos existentes en todos os aspectos que se traballen no noso Plan de Acción titorial: Técnicas de Estudo, Habilidades sociais, Convivencia, Transversais, etc.; Na Orientación Académica e Profesional podemos aportar ademais de materiais e recursos, rutas de información por internet.
Subscrever:
Mensagens (Atom)