segunda-feira, 12 de março de 2012

REFLEXIÓN SOBRE BLOG I


Este é o título da suxestiva entrada do blog de totemguard da que vos deixamos a ligazón. Explica dunha maneira sinxela as ventaxas que ten bloguear para as persoas que nos adicamos á docencia. Como axuda a mellorar a nosa práctica educativa, a nosa relación coa comunidade educativa e incluso axuda a mellorar o noso prestixio social. Desde a perspectiva da orientación, un blog pode axudarnos tamén a mellorar a nosa práctica orientadora. Ten a virtualidade de poder conectarnos con toda a comunidade educativa á que nos debemos dirixir. E o máis interesante é que esta conexión é interactiva, non só podemos achegar materiais, publicacións, ligazóns, noticias, etc. senón que poderemos recibir os seus comentarios, críticas e aportacións. O blog pode ser facilitador dos tres ámbitos nos que habitualmente temos que traballar: o apoio ao ensino-aprendizaxe, onde podemos elaborar e/ou recopilar materiais de diverso tipo; no apoio a acción titorial, onde podemos aglutinar os distintos recursos existentes en todos os aspectos que se traballen no noso Plan de Acción titorial: Técnicas de Estudo, Habilidades sociais, Convivencia, Transversais, etc.; Na Orientación Académica e Profesional podemos aportar ademais de materiais e recursos, rutas de información por internet.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...