terça-feira, 13 de março de 2012

REFLEXIÓN SOBRE BLOG II

O BLOG COMO FERRAMENTA DE ORIENTACIÓN

MªCarmen Delgado Lendínez, autora do blog http://orientagades.wordpress.com/ falanos neste artigo sobre a súa experiencia na rede que comezou a finais do ano 2005. Considera en primeiro lugar que o blog de orientación é unha boa ferramenta para o desenvolvemento da competencia dixital. Traballando desde a orientación e a acción titorial con ela o alumnado aprende a e obter información e a transformar a información en coñecemento. Conseguimos así que sexan máis autónomos e capaces de atopar información fiable e de utilidade.
Tres son os obxectivos principais que a autora plantexa para o seu blog:
  1. Proporcionar información relevante para a toma de decisións vocacionais tanto ao alumnado como ás familias. Esta ferramenta ten dúas vantaxes principais, a constante actualización e a posibilidade de responder a consultas sen necesidade de entrevista e servindo estas mesmas respostas para outras persoas que consulten o blog.
  2. Un lugar onde acumular recursos educativos, que grazas á suscrición ou sindicación de contidos pode resultar moi útil tanto a todo o profesorado do centro como a outras orientadoras e orientadores.
  3. Presentar material de utilidade para a acción titorial e recursos para a formación do profesorado
Despois, a autora detense a comentarnos a estrutura do seu blog, as categorías nas que está organizado e as ferramentas engadidas nas barras laterais. Por último, aclarándonos que o blog é sempre unha tarefa inacabada, por outra parte como a mesma labor orientadora, convidanos a todas a adentrarnos neste mundo e dar así unha nova dimensión ao noso quefacer diario

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...