sábado, 7 de abril de 2012
quarta-feira, 4 de abril de 2012
ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA
Xa que no CPI Dr. López Suárez de Friol temos un gran grupo de teatro, pode que a algunhas das que pertencedes a el se vos ocorra estudar Arte Dramática despois do Bacharelato, e pode que tamén a algún ou algunha que aínda non se atreveu. A Escola Superior de Arte Dramática está en Vigo e alí podedes obter o título de Grao en Arte Dramática en tres especialidades:
- Dirección escénica e dramaturxia
- Escenografía
- Interpretación
É necesaria unha proba de acceso da que tedes as bases na mesma páxina web. Hai que inscribirse no terceiro trimestre de 2º de Bacharelato e adoitan ser a finais de xuño ou principios de xullo.
Animádevos e a ver se despois nos convidades a asistir á entrega de premios María Casares cando esteades nominadas!.
quinta-feira, 29 de março de 2012
PONDERACIÓN DAS MATERIAS DE BACHARELATO
QUE MATERIAS ELIXIR EN BACHARELATO?
Como sabedes as materias que cursades en Bacharelato contabilízanse dunha maneira ponderada para a entrada nas carreiras que teñen restricción de prazas. Hai unha serie de materias que multiplican a nota por 0,1, as que se consideran menos relacionadas coa carreira e outras por 0,2, as que se consideran máis relacionadas coa carreira. Pinchade aquí para ver toda a información para o curso 13-14
Como sabedes as materias que cursades en Bacharelato contabilízanse dunha maneira ponderada para a entrada nas carreiras que teñen restricción de prazas. Hai unha serie de materias que multiplican a nota por 0,1, as que se consideran menos relacionadas coa carreira e outras por 0,2, as que se consideran máis relacionadas coa carreira. Pinchade aquí para ver toda a información para o curso 13-14
quarta-feira, 28 de março de 2012
INSTITUTOS DE LUGO
Deixamos nesta entrada a relación dos centros de Bacharelato e Formación Profesional de Lugo nos que podedes continuar os vosos estudos. Van os enlaces ás súas páxinas web, entrade e curioseade, son como xanelas que nos permiten coñecer algo mellor estes centros antes de elixir cal escollemos.
- IES ÁNXEL FOLE
- IES LEIRAS PULPEIRO (Casás)
- IES LUCUS AUGUSTI (Antigo Masculino)
- IES ÁS MERCEDES
- IES MURALLA ROMANA (Antigo Piringalla)
- IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES (Antigo Feminino)
- CIFP POLITÉCNICO
- IES SAN XILLAO
- IES XOÁN MONTES
domingo, 18 de março de 2012
BLOG "TÉCNICAS DE ESTUDIO"
Escollemos este blog para comentar,
porque nos pareceu que tiña moitas entradas nas que explicaba moi sinxelamente
todos os aspectos que habitualmente traballamos en relación ás técnicas de
estudo. Aínda que pode dirixirse tamén a outros niveis educativos está perfectamente adaptado para o noso alumando da ESO. Pode ser de utilidade para orientación, titorías e para o propio
alumnado que o queira consultar. Ten a desvantaxe de que non se actualiza desde
hai xa bastante tempo, aínda que as súas entradas non caducan, é unha pena que
non achegue recursos novos que poidan estar xa na rede. Tamén é certo que só ten
unha orde cronolóxica das entradas, sen etiquetas organizadoras, pero aínda así
resulta fácil encontrar a información polos títulos das entradas.
Gustounos especialmente unha
entrada titulada El método,
na que explica de maneira clara e simple o mesmo que lle contamos a todo o
alumnado que pasa polo Departamento de Orientación porque “non sabe estudar”.
DESCUBRINDO SCOOP.IT
Despois de revisar todas as
entradas que nos ofrece o marcador social sobre TICs e Orientación e dándome conta que a información que nos aportan entre todas é
moi valiosa, escollín esta entrada porque me
resultou máis atractiva. Na maioría ofrécennos moita información en formatos de
texto, presentacións… á que volverei con seguridade para seguir adestrándome
neste mundo da web 2.0, pero á marxe da información incluída, cativoume o formato
e intereseime pola ferramenta.
SCCOP.IT é unha nova forma de compartir
contido na web. Hai versión gratuíta e de pago. É como unha revista de contidos
sobre un tema que nós eliximos, un servizo de selección e recompilación de
contidos actualizada, na xíria da internet chámanlle a isto “curación” de
contidos. Decidimos un tema e podemos engadir todo tipo de contido, ben da
rede, ben na nosa creación. Se engadimos enlaces, dependendo de a onde se
dirixa a url que introducimos
extraeranse e publicarase automaticamente as imaxes e reseñas que estean
incluídas nese recurso como presentación. Comparte tamén características de
rede social porque podemos seguir e ser seguidas por outras persoas usuarias.
Resulta unha páxina moi visual e dinámica e pode supoñer moi pouco esforzo
simplemente ir seleccionando os enlaces máis interesantes que atopamos
navegando, pero que poden resultar de moita utilidade á xente que comparta os
nosos intereses e/ou profesión.
sábado, 17 de março de 2012
DOUS BLOGs DE ORIENTACIÓN
Vou comentar nesta entrada dous
blogs de orientación. Mirei bastantes e atopei realmente entradas moi
interesantes, pero decidinme por estes en parte porque son de centros de Galiza
e están en galego. Ademais un deles é dun CPI, como o noso, que é un tipo de
centro singular, e o outro é dun Departamento de Orientación compartido entre
dous CEIPs. A verdade é que o que máis atopamos son blogs de Institutos, que
teñen ESO, BAC e FP na maior parte dos casos e con contidos moi centrados na
orientación académica e profesional, que aínda parecéndome moi útiles como recurso
que utilizarei, non é o que máis nos ocupa ás orientadoras e orientadores dos
CPIs.
O blog do Departamento de Orientación do CEIP A Rúa e do CEIP O Hío, serve de punto de referencia para as dúas comunidades
educativas ás que se ten que dirixir. Aínda que non permite comentarios nas
súas entradas, ten un servizo de axuda ao
vivo, que pode resultar moi interesante, máis neste caso onde a persoa
responsábel do departamento está uns días nun centro e outros noutro.
Pareceunos moi completa e interesante toda a información publicada dentro da
categoría de Orientacións para nais e pais, tamén a información para as titorías pareceunos de
moita utilidade. Outro apartado que está
bastante completo é o de Audición e
Linguaxe.
O blog do CPI de Panxón ten moita información, variada e ben organizada, presentada utilizando moitos recursos visuais. En cada entrada suxire outras relacionadas que nos poidan interesar, o que resulta moi util para navegar polo blog. Ademais das entradas propias presenta numerosos enlaces de interese e rutas de información moi ben categorizadas. Trátase dun blog moi elaborado. Diríxese ao profesorado, ás familias e ao alumnado de 3º e 4º da ESO no relativo á orientación académica e profesional.
TEST ON-LINE DE INTERESES PROFESIONAIS
Atopamos na rede este test fácil de usar que nos proporciona en pouco tempo o noso perfil de intereses profesionais, propoñéndonos unha serie de profesións axeitadas a ese perfil.
Se queres realizalo pincha aquí.
Se queres realizalo pincha aquí.
sexta-feira, 16 de março de 2012
terça-feira, 13 de março de 2012
REFLEXIÓN SOBRE BLOG III
Daniel Veiga
Para
comezar atopamos no artigo as vantaxes xerais que supón o uso de blogs no
sistema educativo: en primeiro lugar é unha ferramenta sinxela, rápida e sen costo
para publicar en internet. Ten a posibilidade de que as persoas visitantes
participen o que a converte nunha plataforma interactiva. Por outra parte é
tamén moi interesante o uso da sindicación de contidos doutros blogs.
No
que se refire ás aportacións pedagóxicas do uso educativo do blog destaca que posibilita
e potencia a alfabetización dixital do alumnado; aporta unha dose de motivación
engadida para as aprendizaxes de lectura e escritura. Tamén actúa como un
reforzador positivo porque a publicación inmediata aumenta a sensación de
éxito, axuda na creación de redes virtuais na aula e permite a formación
audiovisual. É un verdadeiro caderno de bitácora da actividade realizada na
aula.
En
definitiva o blog pode convertirse nun verdadeiro espazo de aprendizaxe. Desde
a perspectiva do departamento de orientación, ademais do campo da orientación
académica e profesional no que pode ser unha ferramenta moi útil ao poder
actualizar a información continuamente e almacenar mediante enlaces todas as
rutas formativas que o noso alumnado desexe transitar, pode ser interesante
como propón o artigo unha primeira orientación pola propia internet e a web
2.0. toda unha selva de contidos e
aplicacións que precisan como a propia vida manual de uso.
Subscrever:
Mensagens (Atom)



