terça-feira, 1 de maio de 2012

PREMIO BLOG ORIXINAL

Con canta ilusión recibimos este premio das mans do Blog do CPI de Panxón, que é un dos nosos Blogs favoritos e desde logo, un exemplo a seguir.
Ao recibir este premio temos que cumprir tres condicións:
A primeira: nomear a quen nolo deu, algo que vimos de facer.
A segunda: dicir unhas palabras para definirnos, uff! que dificil!!! Neste mundo bloguero aspiramos a recopilar e organizar información e recursos que circulan pola rede, de xeito que poidan ser útiles á nosa comunidade educativa.
A terceira: Darlle este premio a outros dez blogs. Imos repartir cinco para blogs do noso centro e os outros cinco para outros blogs de Orientación.
Os do noso centro, que teñen moita máis solera e categoría que o noso:
O Blog da Biblioteca
O Blog do Proxecto Interdisciplinar
Abalar en Friol: Aula Aberta
Friol: Algo máis que pan e queixo
Blog de Lingua Galega

Os de Orientación:
En primeiro lugar está Barbón Blog, o blog de Daniel Veiga, grazas ao que naceu este o noso blog por ser o profesor do curso de Platega "Introdución das TIC nos Departamentos de Orientación" onde o iniciamos.
E estes catro blogs que seguimos e dos que sacamos moitas ideas e información:
Orientación Educativa y Tutoría
Orientablog do CEIP Isaac Peral
Blog de Orientación Educativa
Blog de Orientación do IES Alfoz-Valadouro

1 comentário:

  1. Moitas grazas pola referencia ao blog de Orientación do IES García Barbón e ao Curso de Platega no que procuramos aprender sobre as TIC no ámbito da Orientación.
    Saúdos.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...